intermetálico -ca

intermetálico -ca

(

adx [IND]

Aplícase ao composto constituído por dous ou máis elementos metálicos, que poden variar a súa proporción entre dúas composicións límites, e que se comporta, nalgunhas aliaxes, como un metal puro. Os elementos dos grupos 4B, 5B e 6B da táboa periódica tenden a combinarse segundo as leis da valencia (compostos intermetálicos de valencia) e forman estruturas cristalinas semellantes ás dos compostos iónicos. Os outros metais tenden a formar compostos intermetálicos electrónicos, nos que a estrutura e a composición son determinadas pola relación entre o número de electróns de valencia e o número de átomos, ou compostos binarios de Laves, coa relación 1/2 entre os metais.

Palabras veciñas

intermediar | intermediario -ria | intermedio -dia | intermetálico -ca | intermezzo* | interminable | interministerial