interpolación
(< latinterpolatĭōne)
-
s
f
Acción e efecto de interpolar.
-
s
f
[MED]
Transplante cirúrxico dun tecido.
-
s
f
[LIT]
-
Alteración dun texto. Frecuente nos clásicos, a interpolación débese á tendencia dos escribáns a facilitar a claridade do autor.
-
Palabra interpolada no texto. Nas crónicas medievais a presenza de interpolacións débese ao desexo de engadir datos considerados interesantes ou pertinentes.
-
-
s
f
[LING]
Termo da glosemática que indica un engadido calquera a un texto. Carece, sen embargo, do carácter obrigatorio da catálise. Por exemplo, no texto comer lentellas, pódense realizar moitas interpolacións: quero comer ovos ou comer ovos e patacas.
-
s
f
[MAT]
Procedemento en que dados os n valores y 1 , y 2 ,..., y i ,..., y n dunha función y = g(x) nos puntos x 1 , x 2 ,..., x i ,..., x n , permite calcular, aproximadamente, os valores de g(x) en puntos intermedios aos dados. Unha primeira aproximación constitúea a interpolación lineal, que consiste en supor que, entre cada dous puntos consecutivos dos dados, f(x) sexa un segmento de recta. Destacan a interpolación de Lagrange e a interpolación de Newton.