Intersindical Nacional de Traballadores Galegos

Intersindical Nacional de Traballadores Galegos
Nome científico: [INTG]

Organización xurdida da fusión de ING e CTG, denominada INTG desde 1981. A división dentro da esquerda nacionalista tivo como consecuencia a escisión, en 1985, do sector procedente da Central de Traballadores Galegos (CTG) e da Confederación Sindical Galega (CSG), que constituíu a CXTG-IN (Confederación Xeral de Traballadores Galegos-Intersindical Nacional). Trala coalición electoral coa CXTG en 1990 baixo o nome de Converxencia Intersindical Galega, a reunificación ratificouse en 1993 coa constitución da Confederación Intersindical Galega (CIG).

Palabras veciñas

intersexualidade | intersideral | intersindical | Intersindical Nacional de Traballadores Galegos | Intersindical Nacional Galega | Intersocietaria Gallega | intersticial