intervalo

intervalo

(< lat intervallu)

  1. s m

    Espacio entre dúas cousas.

    Ex: O intervalo entre cada árbore debe ser de medio metro.

  2. s m

    Espacio de tempo entre dous acontecementos ou momentos.

    Ex: Chegaron nun intervalo de media hora.

    Sinónimos: lapso.
  3. s m [MAT]
    1. Dados dous números reais a e b, chamados extremos, conxunto de números reais comprendidos entre a e b. Cando o conxunto non inclúe os extremos, o intervalo é denominado aberto, e se representa por (a, b) ou por]a, b[; no caso contrario, o intervalo é denominado pechado, e se representa co símbolo [a, b].

    2. Conxunto de números máis grandes ou máis pequenos ca un número real dado: [(a, +∞), (a, +∞), (-∞, a)] e (-∞, a)].

  4. s m [MÚS]

    Distancia que separa dous sons na escala musical. Na teoría tradicional noméase intervalo melódico ao que separa dúas notas que soan ao mesmo tempo. Distínguense os intervalos cun numeral, que reflicte a cantidade de graos da escala que abrangue o intervalo. Segundo o número de semitóns que separan os dous sons, os intervalos son maiores, menores, xustos, aumentados ou diminuídos.

  5. intervalo de confianza [MAT]

    intervalo de confianza.

Frases feitas

  • A intervalos loc adv Con interrupcións máis ou menos regulares.

Palabras veciñas

1 intervalar | 2 intervalar | intervallum* | intervalo | intervanexar | 1 intervar | 2 intervar