intoxicación
intoxicación
(< intoxicar)
-
s
f
Acción e efecto de intoxicar ou intoxicarse.
-
s
f
[PAT]
Enfermidade provocada pola acción de substancias tóxicas sobre o organismo. Entre os diferentes tipos de intoxicación cómpre destacar a intoxicación alimentaria, producida pola inxestión de alimentos tóxicos, en mal estado ou ben contaminados por certas bacterias, a intoxicación endóxena (autointoxicación), a intoxicación esóxena, producida por velenos externos ao organismo, e a intoxicación profesional, producida polas materias manipuladas en determinadas industrias. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].