intrínseco -ca
intrínseco -ca
(< lat intrinsĕcu‘interiormente’)
-
adx
Relativo ou pertencente á natureza esencial, á constitución íntima dunha cousa.
Ex: A moeda de ouro ten un valor intrínseco e outro nominal.
-
adx
[FÍS]
Aplícase ao semicondutor puro e con propiedades eléctricas que se corresponden coas dun cristal ideal.
-
adx
[MAT]
Aplícase ao teorema, á propiedade, ou á ecuación que non depende do sistema de coordenadas escollido.