invalidez
(< inválido)
-
s
f
-
Condición dunha persoa inválida.
-
Pensión que cobra unha persoa por estar inválida.
-
-
s
f
[DER]
Condición dun acto xurídico defectuoso nun dos seus elementos (nulidade) ou afectado por un vicio ou defecto legal (anulabilidade) pola que é privado dos seus efectos xurídicos.
-
s
f
[DER]
Incapacidade total dunha persoa para desenvolver o traballo habitual ou incapacidade absoluta para calquera traballo. A lei xeral da seguridade social clasifica a invalidez en provisional e permanente. A invalidez provisional é aquela situación do traballador que, despois de esgotar o período máximo de duración sinalado para a incapacidade laboral transitoria, require a continuación da asistencia sanitaria e non pode reemprender a faena. A invalidez permanente é aquela situación do traballador que, despois de terse sometido ao tratamento prescrito e recibido a alta médica, presenta reducións anatómicas ou funcionais graves, susceptibles de determinación e previsiblemente definitivas que diminúen ou anulan a súa capacidade laboral.