invernadoiro

invernadoiro

(< invernar)

s m [AGR]

Construción con cuberta e paredes onde se cultivan plantas nas condicións máis favorables para o seu crecemento. No s XVII aparecen os primeiros invernadoiros construídos con toxos e vidro. Cara á metade do s XIX, os invernadoiros pasaron a ser unha estrutura onde se controla o ambiente de maneira moi eficaz. O uso do polietileno de baixa densidade e dos materiais plásticos (polivinilo e fibra de vidrío) como cobertura representou un avance coa aparición de formas curvas e a diminución do peso da estrutura de sostén (aluminio ou aceiro galvanizado). A calefacción conseguiuse en parte cos raios solares e en parte con sistemas de calefaccción de auga ou aire quente. A refrixeración durante o verán logrouse coa ventilación natural ou por procedementos de sombreado, de refrixeración ou de evaporación de auga. A luz óptima para cada cultivo obtívose mediante técnicas móbiles ou estáticas (sombreado ou mallas).