investidura
investidura
(< investir)
-
s
f
Acción e efecto de conceder un cargo ou unha dignidade.
-
s
f
[HIST]
Acto, durante a Idade Media, polo que o señor entregaba un feudo ao seu vasalo. A investidura consistía na entrega dun obxecto que simbolizaba a potestade señorial e, xeralmente, a cerimonia estaba precedida dun xuramento de fidelidade e homenaxe do vasalo ao seu señor.