inxector
inxector
(
-
s
m
[TECNOL]
-
Dispositivo das turbinas Pelton formado por un cano e unha agulla interior que regula o paso da auga. Emprégase para dirixir o chorro de auga contra as aspas do rodo dunha turbina.
-
Dispositivo do sistema de inxección de combustible que serve para introducir e vaporizar o combustible no interior do cilindro ou na entrada deste. Consta dun corpo cilíndrico, baleiro, de forma variable segundo os tipos de culata, e dunha agulla que regula o paso do fluído. O inxector debe producir unha boa vaporización.
-
-
s
m
[TECNOL]
Aparato para inxectar auga de alimentación nunha caldeira de vapor.