iñame
iñame
Nome científico:
[Discorea, Fam das dioscoreáceas]
-
s
m
[BOT]
Planta herbácea, do xénero Dioscorea, da familia das dioscoreáceas. Planta vivaz, monocotiledónea, que presenta talo endeble e voluble, flores pequenas, follas grandes en forma de corazón e tubérculo comestible que pode alcanzar ata 2,5 m de lonxitude e 45 kg de peso. É apreciada polo seu contido calórico e por ser rica en fécula, en potasio e en fósforo. Orixinaria das rexións tropicais de todo o mundo, constitúe o alimento básico de millóns de persoas en América do Sur, As Antillas e Asia tropical. As especies máis coñecidas son: D. batatas, D. mexicana, orixinaria de África, D. cayenesis, D. rotundata e D. alata, esta última orixinaria do sudeste asiático.
-
s
m
[BOT]
Raíz comestible das especies do xénero Dioscorea.