iodo
(< gr ἰώδης ‘violado’)
-
s
m
[QUÍM/BIOL]
Elemento non metálico que pertence á familia dos halóxenos e situado no grupo VIIB da táboa periódica. É un sólido cristalino de cor gris escura, con brillo metálico, o seu vapor é dunha cor violácea. Na natureza áchase moi difundido en certas especies de algas e de esponxas e no nitro, de onde se extrae. No corpo humano o iodo é absorbido polo tubo dixestivo e almacenado na tiroide, no seo da tiroglobulina, onde efectúa a iodación da tiroxina en iodoiroxina. O iodo ten unha acción irritante e vesicante sobre a pel e tamén unha acción antiséptica. É empregado como reactivo volumétrico, como desinfectante e xermicida, na produción de chuvia artificial e na fotografía.
-
índice de iodo
[QUÍM]
Porcentaxe de peso de halóxeno, calculado como o iodo, absorbido por unha graxa e nunhas condicións determinadas.
-
tintura de iodo
[QUÍM]
Solución de iodo en alcol empregada como desinfectante. Preparábase ao 10%, que pasou a prepararse ao 6,5% e engádeselle ioduro potásico, para evitar a formación de ácido iodhídrico.