iogur
iogur
(< fr yogourt < turcoyoğurt)
s
m
[ALIM]
Alimento que se obtén pola fermentación láctica de leite enteiro ou desnatado, normalmente hixienizado, concentrado ou non. As bacterias fermentadoras que se lle aplican (Lactobacillus bulgaricus e Streptococcus thermophilus) transforman a lactosa en ácido láctico e provocan a coagulación da caseína, adquirindo unha consistencia cremosa e espesa. É orixinario dos Balcáns, e pódese preparar con leite de vaca, ovella ou cabra, ademais de lle poder engadir diferentes sabores e froitas. É moi nutritivo e útil en dietética.