Irmáns, Igrexa dos ou Irmáns de Plymouth
Irmáns, Igrexa dos ou Irmáns de Plymouth
Rama da Igrexa evanxélica nacida en Plymouth en 1830 para tentar reunir membros de diversas confesións protestantes. Foron os seus dirixentes o pastor anglicano John N. Darby e o filántropo George Muller. En breve producíronse as primeiras divisións: Darby encabezou os exclusivistas ou pechados, que rexeitaban toda relación con outras confesións evanxélicas e coa práctica do bautismo dos nenos; mentres que os abertos, entre os que figuraba Muller, bautizaban por inmersión os crentes adultos, colaboraban cos protestantes doutras confesións e destacaban polo seu entusiasmo misioneiro.