iroqués -sa
iroqués -sa
-
adx
Relativo ou pertencente ao pobo iroqués ou a súa lingua.
-
s
[ETN]
Individuo do pobo iroqués.
-
s
m pl
[ETN]
Pobo indíxena de América do N que na época dos seus primeiros contactos cos colonizadores europeos habitaba no actual estado de New York, no val do río Mohawk e na rexión dos Grandes Lagos. Dedicábanse á agricutura e a súa sociedade era de tipo matriarcal. A unión das cinco tribos iroquesas máis importantes, coñecida como a Liga das Cinco Nacións, converteunos no principal inimigo dos colonizadores franceses e, posteriormente, dos ingleses e estadounidenses. A súa poboación concéntrase en reservas no estado de Oklahoma.
-
s
m
[LING]
Lingua dos iroqueses.