irregular

irregular

(< lat irregulāre)

  1. adx
    1. Que non se axusta a unha regra establecida.

      Ex: Escribiu un poema de métrica irregular.

    2. Que non se axusta á norma moral ou legal.

      Ex: Sospeitan que están contratados de forma irregular.

    3. [BOT]

      Aplícase aos órganos vexetais asimétricos ou zigomorfos.

    4. [MAT]

      Aplícase á figura que non é regular.

    5. [DER]

      Aplícase á persoa que incorre en irregularidades.

    6. [BÉL]

      Tropa ou exército que non responde á organización militar oficial e que, pola mesma razón, non está afectada polos acordos de Xenebra respecto dos prisioneiros de guerra.

    7. [LING]

      Aplícase a aquilo que, formando parte integrante dun sistema, non se axusta aos patróns que se teñen por regulares ou normais.

  2. adx
    1. Que ten variacións e non é uniforme.

      Ex: O caudal do río é irregular, depende das chuvias.

    2. Que non ten sempre o mesmo comportamento.

      Ex: É unha persoa moi irregular no seu comportamento.