isabelino -na

isabelino -na

(< antropónimo Isabel)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos reinados das raíñas Isabel I de Inglaterra, Isabel I a Católica e Isabel II de España.

  2. adx e s

    Que ou quen era partidario de Isabel II durante a Primeira Guerra carlista.

  3. estilo isabelino [ARTE]

    Estilo artístico inglés que se desenvolveu durante o reinado de Isabel I de Inglaterra (1558-1603). Os arquitectos ingleses da época estiveron influenciados polo clasicismo francés, aínda que a tradición gótica perpendicular se mantivo fóra da corte. Construíronse grandes edificios como Burghley House, de William Cecil (1585), e o castelo de Longleat, en Wiltshire (1568). A escultura tivo menor importancia e estivo marcada pola influencia italiana; destaca a tumba de Ricardo Pecksall en Westminster. A pintura limitouse ao retrato e aos temas alegóricos.

  4. estilo isabelino [ARTE]

    Estilo decorativo da época da Raíña Isabel II. É correlativo cos estilos Biedermeier, xermánico, e Restauración, Luís Felipe e Segundo Imperio, franceses. Creou os pesados secreteres, as consolas de espello cadrado, as cadeiras de sala, de curvatura elíptica, e os mobles auxiliares, decorados con nácara e flores policromadas sobre o negro mate dun papier maché ou ben todo escuro de xacarandá, caoba ou vernizado de negro.             

  5. gótico isabelino [ARTE]

    Modalidade do gótico tardío, con elementos mudéxares e renacentistas, xurdida en Castela na época dos Reis Católicos e que durou ata o primeiro cuarto do s XVI. Chamado tamén estilo hispano-flamengo, entre outras obras destacan a cartuxa de Miraflores e a capela do Condestable, na catedral de Burgos, obra de Simón de Colonia; o palacio dos Duques del Infantado de Guadalajara e San Juan de los Reyes de Toledo, obra de Juan Guas; e o Hospital Real de Santiago de Compostela e o de Santa Cruz de Toledo, obra de Enrique Egas.

  6. moeda isabelina [NUMIS]

    Moeda cuñada durante o reinado de Isabel II, especialmente a de ouro.

Palabras veciñas

Isabel II, ponte de | Isabel Petrovna | Isabel, santa | isabelino -na | Isacio | Isadora | isagoxe