Isla Couto, Fundación
Isla Couto, Fundación
Fundación sen ánimo de lucro constituída en Vigo en 1987. Presidida por Xaime Isla Couto, os seus fins son a colaboración coa Fundación Penzol na dotación dunha biblioteca interdisciplinar de ciencias humanas e sociais, a creación dun Instituto Galego de Estudios Comunitarios, e prestar axuda nas tarefas de inculcación dos valores cristiáns na sociedade.