ISO, graos
ISO, graos
[IND/ARTE]
Escala de sensibilidade das emulsións fotográficas establecida pola Organización Internacional para a Normalización (ISO), e que tende a substituír á escala DIN e ASA. Unha película de 100 ASA ou 21 DIN ten unha sensibilidade de 100/21° ISO. Canto máis alto é o número, a película é máis sensible á luz, ou máis rápida.