isoetáceo -a

isoetáceo -a

(< lat científico Isoetes)

  1. adx

    Relativo ou pertencente ás isoetáceas.

  2. s f [PLANTA]

    Planta da familia das isoetáceas.

  3. s f pl [PLANTA]

    Familia de pteridófitas integrada por plantas herbáceas, hidrófilas ou acuáticas, de talo moi curto, a miúdo disciforme, provista interiormente de apéndices radiciformes fasciculados, e coroada por unha roseta de follas subuladas ou lineais, liguladas e de base envaiñada.

Palabras veciñas

isoentálpico -ca | isoenxerto | isoenzima | isoetáceo -a | isoetal | Isoetes | isófilo -la