isosísmica

isosísmica
s f [XEOL]

Liña que une os puntos da superficie da Terra no que un movemento sísmico acada a mesma intensidade. Cada unha destas liñas envolve unha área aproximadamente circular ou elíptica, segundo a topografía ou a estrutura xeolóxica da zona. A isosísmica da máxima intensidade engloba a denominada área plistosísmica, que contén o epicentro do terremoto.

Sinónimos