isótopo

isótopo

(< 1 iso- + gr τόπος ‘lugar’)

  1. s m [FÍS]

    Cada un dos átomos que teñen no núcleo o mesmo número de protóns, pero diferente número de neutróns. Foron descubertos ao estudar as substancias radioactivas naturais. F. Soddy, en 1911, propuxo o nome de isótopo. A maioría dos elementos naturais están formados por diversos isótopos, que se clasifican en estables, cunha media de vida de 3.000 millóns de anos, e inestables ou radioactivos, que emiten radiacións e que se converten noutros isótopos ou elementos. Estes últimos empréganse na obtención de enerxía

  2. s m [FÍS]

    Cada un dos núcleos dos átomos isótopos.

Palabras veciñas

isótono -na | isotopía | isotópico -ca | isótopo | isotrón | isotropía | isótropo -pa