iugoslavo -va

iugoslavo -va

(< topónimo Iugoslavia)

  1. adx

    Relativo ou pertencente á antiga Iugoslavia ou aos seus habitantes.

  2. s

    Natural ou habitante da antiga Iugoslavia.

  3. arte iugoslava [ARTE]

    Arte desenvolvida na antiga Iugoslavia. No eido do patrimonio cultural destacan os mosteiros de Studenica e Stari Ras e Sopocani en Serbia, declarados Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1986 e 1979 respectivamente, e a rexión de Kotor (Montenegro), Patrimonio da Humanidade desde 1978. A pintura racionalista está representada por Sava Sumanovič (1896-1942) e a arte social progresista, polo grupo Zivot (Vida) de Belgrado, dirixido por Djordje Andrejevič-Kun (1904-1964). Na escultura destacaron Ivan Mestrovič (1883-1962) e Dusan Dzamonja (1928).

  4. cine iugoslavo [IMAX]

    Arte cinematográfica desenvolvida na antiga Iugoslavia. Coa nacionalización (1944) do cine iugoslavo fundáronse a Empresa Cinematográfica Estatal de Iugoslavia Federal, a Escola Superior de Cinematografía e a Filmoteca Nacional. Isto configurou o primeiro filme importante, Slavica (1946), de Vjekoslav Afric. Entre 1950 e 1951 tivo lugar a descentralización do cine, coa aparición de novas empresas autónomas e o incremento da produción de filmes e de documentais. Apareceron as figuras de Veljko Bulajic e Soja Jovanic, galardoados no festival de Pula, creado en 1946. Na década de 1960 destacaron os directores Aleksander Petrovic, Z. Zelnik e D. Makavejev, estes dous últimos premiados no Internationale Filmfestpiele Berlin nos anos 1968 e 1969, respectivamente. Skupljasi Perja (1967), de Petrovic, deu un pulo inicial a unha produción que se consolidou a través doutros filmes orixinais como Ljubovnij slucaj ili tragedija sluzbenica PTT (1967), de Makavejev. Despois, o cine iugoslavo entrou nun período de crise ideolóxica e económica, cunha clara tendencia regresiva cara aos temas bélicos e históricos. D. Makavejav e A. Petrovic partiron para o exilio e os novos cineastas tiveron que actuar cunha forte autolimitación económica. A partir de 1977 apareceron os primeiros directores dunha nova xeración formada en Praga. Goran Markovic, Livco Nicolic ou Srdjan Karanovic representaban un novo impulso do cine neste país. Do mesmo xeito, a disolución da federación na década de 1990 e o conflito bélico seguinte eliminaron calquera posibilidade de continuidade. De todos xeitos, hai directores que continuaron coa súa actividade, basicamente fóra das fronteiras iugoslavas. Son os casos de G. Markovic, con Tito i ja; de G. Paskaljevic, con Tango Argentino; de D. Majavejev, con Gorilla Bathes at Noon; e de S. Dragojevic, con We are no Angels.

  5. música iugoslava [MÚS]

    Arte musical cultivada na antiga Iugoslavia. Na música culta do s XX destacan os compositores serbios J. Bandur (1899-1956) e V. Vučković (1910-19).

Palabras veciñas

iuca | iudex* | Iugoslavia | iugoslavo -va | Iuliobriga | IUPAC | iupik