Ivo

Ivo
[ONOM]

Antropónimo masculino que procede da forma latina medieval Ivo, Ivonis, adaptación dun nome de orixe céltica formado dun *ivos ou ben de orixe xermánixa *ihwa-; ambos os dous elementos co significado de ‘madeira de teixo’. Destacan con este nome os santos Ivo de Chartres (1040?-1116), celebrado o 20 de maio, e Ivo de Kermartin (1253-1303), celebrado o 19 de maio.