Izquierda Unida

Izquierda Unida
Nome científico: [IU]

Federación de partidos políticos e organizacións e movementos sociais, formada en 1986 como coalición de partidos e integrada polo PCE, o Partido de Acción Socialista (PASOC), o Partido Comunista de los Pueblos de España (PCPE), Izquierda Republicana, Federación Progresista e Partido Humanista, cun programa que propuña unha alternativa de goberno de esquerda. Estes grupos foron abandonando paulatinamente a coalición, e en 1997 produciuse a escisión de Nueva Izquierda, e a ruptura cos grupos catalán Iniciativa per Catalunya (IC) e galego Esquerda Galega (EG). Os seus coordinadores xerais foron Gerardo Iglesias, Julio Anguita, Francisco Frutos e Gaspar Llamazares   desde 2000.