Ka
Ka
RELIX Concepto relixioso do antigo Exipto. Ten sido interpretado como a expresión dun dobre do home, da súa forza vital, dun xenio protector que nace con el e ten salvación despois da morte, ou dunha abstracción das forzas anímicas propias dos seres vivos. Representábase cos brazos levantados cara a arriba.