kabardino -na

kabardino -na
  1. adx

    Relativo ou pertencente aos kabardinos.

  2. s [ETN]

    Individuo do pobo kabardino.

  3. s m pl [ETN]

    Pobo que habita na actual República dos Kabardinos e dos Balkares. Vinculados orixinalmente cos adigueos, habitaron as rexións do Kuban’ e as costas orientais do Mar Negro e dedicáronse ao pastoreo e á agricultura. Durante os ss XIII e XIV emigraron cara ao L. Mantiveron relacións coa cultura rusa e en 1774 foron incorporados ao Imperio Ruso.

  4. s m [LING]

    Lingua do phylum caucásico do grupo abkhazo-adigueo que se fala na Rusia europea e na Turquía asiática.