Kālī

Kālī
[MIT]

Deusa hindú portadora da destrución e da morte. É a sakti de Śiva, manifestación da súa enerxía feminina, e represéntase coa figura dunha muller de cor negra, cunha gran lingua vermella fóra da boca, con catro brazos e as mans e o peito ensanguentados, cun colar de cranios no pescozo e rodeada de serpes. Foi venerada durante moito tempo en Bengala, onde se lle fixeron sacrificios humanos.