kantismo

kantismo

(< antropónimo I. Kant)

  1. s m [FILOS]

    Sistema filosófico de Kant.

  2. s m [FILOS]

    Conxunto de filosofías inspiradas nos principios e o sistema kantianos. Dada a multiplicidade destas filosofías, a corrente kantiana presenta diferencias moi considerables. Mentres o idealismo, con J. G. Fichte, F. W. Schelling e G. W. Hegel, desenvolve o concepto de liberdade como a autoposición constituínte do mundo, o positivismo de A. Comte e J. Stuart Mill, retén as teses fenomenistas e agnósticas. Desde a segunda metade do s XIX ata principios do s XX abriuse paso o neokantismo, movemento de retorno a Kant. A influencia kantiana é determinante en E. Husserl, M. Heidegger, e na denominada filosofía aberta de F. Gonseth e G. Bachelard. En España destacaron autores como Ortega y Gasset, Manuel García Morente e José Gaos.