karate
karate
(< xap karate)
s
m
[DEP]
Arte marcial consistente en concentrar toda a forza do corpo nun punto determinado para golpear o adversario nalgunha parte vital do seu corpo. Naceu no s XVII nas illas Ryū kyū, pero a súa regulamentación deportiva desenvolveuna máis tarde Funakoshi (1869-1957); nela prohíbese a consumación dos golpes, e a puntuación outórgase calculando a súa boa dirección.