Katanga
Katanga
Nome científico:
[antiga: Shaba]
Rexión da República Democrática do Congo (496.877 km2 ; 5.602.000 h [estim 1994]). A súa capital é Lubumbashi. Son importantes as súas riquezas minerais, como o cinc e o cobre. Estivo baixo o control de compañías mineiras europeas e en 1960 acadou a independencia. A ONU rematou coa guerra civil e permaneceu dentro da República Democrática do Congo, aínda que houbo intentos secesionistas.