Keyzán, Teatro
Compañía de teatro afeccionado creada por Maximino Fernández Queizán en Vigo en 1966. Foi un dos colectivos que máis animaron a vida teatral da cidade, sobre todo entre finais da década de 1960 e principios da década de 1970. Entre os seus espectáculos cómpre destacar Ligazón (1967), a partir do texto de Valle-Inclán; La excepción y la regla (1967), sobre o texto de B. Brecht; El Diploma (1967), segundo a obra de L. Pirandello; A raposa e as uvas (1985), sobre un texto de Guilherme Figueiredo; Despois de Magritte (1992), sobre a obra de Tom Stoppard ou La puerta del paraíso (1993), cun texto de Miguel Cobaleda, amais doutros traballos con textos de Jardiel Poncela, Alejandro Casona, Molière ou E. Blanco Amor, e recitais de poesía de autores galegos.