Jacquerie
Jacquerie
Revolta campesiña que se produciu en 1358 na rexión de Beauvais para protestar contra a fame e as depredacións da soldadesca á que deu lugar a Guerra dos Cen Anos. Os revolucionarios, coñecidos como jacques (nome dado por escarnio aos campesiños, que vén á súa vez de Jacques Bonhomme), incendiaron castelos, pero foron vencidos polos nobres preto de Meaux e sufriron unha forte represión.