Jammu e Kashmir
Jammu e Kashmir
Estado de India, dividido entre India e Paquistán (222.236 km2; 10.069.917 h [2001]). A súa capital é Srīnagar, aínda que no inverno a administración trasládase a Jammu. Os seus recursos máis importantes son a agricultura, a explotación forestal, a sericultura e a gandería de cabras produtoras de la.