Joglars, Els

Joglars, Els

Grupo de mimo creado en 1963, a partir do grupo Arlequí, da Agrupació Dramàtica de Barcelona. Formado inicialmente por Carlota Soldevila, Albert Boadella e Antoni Font, entre outros, estivo influído por Marcel Marceau e Italo Ricardi. Presentou con grande éxito programas de mímica. Baixo a dirección de Albert Boadella, o grupo foi modificando a forma de actuar e incorporou efectos sonoros, textos falados, etc. Ademais, desde o espectáculo El joc (1970) tendeu a presentar espectáculos cun marcado carácter de crítica social, como Cruel ubris (1972), Mary d’Ous (1973), Àlias Serrallonga (1975) e La Torna (1977). Posteriormente estrearon M-7 Catalònia (1978), Olympic Man Movement (1981), Teledeum (1984), Gabinete Libermann (1985), Els virtuosos de Fontainebleau (1985), Columbi laosus (1989), Yo tengo un tío en América (1991), El Nacional (1993), Ubú President (1995), La Trilogia (2001) e El Retablo de las maravillas (2004).