Jordan, teorema de

Jordan, teorema de
[MAT]

Teorema segundo o que toda curva pechada e plana determina no resto do seu plano unha partición en dúas rexións, unha delas (interior) é finita, mentres que a outra (exterior) non é finita. Ambas as dúas rexións están separadas pola curva e son conexas, é dicir, é posible unir dous puntos dunha rexión por medio dun arco que non corte a curva dada.