jujutsu ou jiu jitsu*
jujutsu ou jiu jitsu*
s
m
[DEP]
Loita propia de Xapón que se basea na arte de defenderse sen armas, usando os brazos e os pés. Caeu en decadencia no s XIX coa introdución doutros métodos de loita. A súa orixe remóntrase ao período comprendido entre os ss XIII e XIV. O primeiro estilo de jujutsu recoñecido foi o constituído por Takenouchie Hisamori en 1532, que consistía en técnicas de espada e tamén sen armas.