helíaco -ca
helíaco -ca
(< lat heliăcu < gr ἡλιακός ‘do Sol’)
-
adx
ASTRON Aplícase á última posta dun astro antes da súa conxunción co Sol, ou da primeira saída despois desta.
-
adx
ASTRON Aplícase a todas as postas da época na que un astro se achega ou se afasta da súa conxunción.