hermafroditismo

hermafroditismo

(

s m [BIOL]

Presencia, nun mesmo individuo, de órganos sexuais masculinos e femininos, de tecido ovárico e testicular ou ben de órganos de reprodución que non presentan a típica característica dun só sexo. A pesar de que é normal nun certo número de invertebrados (anélidos, crustáceos e moluscos), é completamente excepcional dentro da especie humana. O pseudo-hermafroditismo ou xinandromorfismo consiste nunha malformación dos xenitais, caracterizada pola presenza nun mesmo individuo dalgunhas características aparentes dos dous sexos.