impúbere
impúbere
(< lat impūbĕre)
s
m
[DER]
Persoa que non acadou a pubertade. En calquera caso, segundo a lexislación española, considéranse impúberes os menores de 14 anos, sen distinción de sexo. Os impúberes non teñen capacidade legal para redactar testamento, contratar ou prestar testemuño. O dereito canónico considera impúbere o neno que non cumpriu os 14 anos e a nena que non cumpriu os 12, idade ata a que non se lles autoriza a contraer matrimonio nin a facer votos relixiosos.