inestabilidade
inestabilidade
(< 1 in- + estabilidade)
-
s
f
Calidade de inestable.
-
inestabilidade atmosférica
[METEOR]
Situación da atmosfera terrestre en que as partículas de aire non permanecen estables. Orixina unha serie de movementos ascendentes das masas de aire compensados por outros descendentes. O inicio da inestabilidade pódese deber ao impulso de calquera perturbación, pola orografía, por unha achega de calor ou pola advección de masas de aire máis cálido.
-
inestabilidade elástica
[FÍS]
Estado que, nun sistema elástico sometido a forzas de compresión lonxitudinais, só precisa unha acción externa infinitamente pequena para perturbar o equilibrio e provocarlle unha flexión.
-
inestabilidade nuclear
[FÍS]
Configuración, nun núcleo atómico, do seu estado enerxético que lle confire unha probabilidade non-nula de emisión radioactiva espontánea.