inocente
(
-
adx e s
Que ou quen non ten culpa na comisión dun delito ou falta.
Ex: O Tribunal Supremo declarouno inocente de todos os cargos.
Antónimos: culpable. -
adx
-
Aplícase ao que se fai sen malicia.
Ex: O mozo despediuse cun bico inocente.
-
Aplícase ao que non produce dano.
Ex: O xogador quitoulle o balón ao contrario cunha patada inocente.
-
-
adx e s
Que ou quen non ten malicia nin ruindade.
Ex: Un rapaz tan inocente non se pode enfrontar e esas lurpias.
Confrontacións: miñaxoia. -
santos inocentes
[RELIX]
Nenos da comarca de Belén que, segundo o Evanxeo de san Mateo, Herodes fixo matar. Cando chegaron os magos de Oriente na procura do neonato que habería ser o rei dos xudeus, Herodes quixo saber ónde estaba o seu futuro rival, pero, ao verse burlado polos magos -que non lle quixeron contestar-, ordenou a matanza de todos os cativos menores de dous anos. O culto aos Santos Inocentes é dos máis antigos na liturxia hispana (s VI) e a Igrexa Católica celebra a súa festividade o 28 de decembro. A celebración do día dos Inocentes ten a súa orixe nun antigo costume dalgúns mosteiros e catedrais medievais de darlle o poder a un infante; era a festa dos tolos e do bispiño que pretendía exaltar a inocencia e humildade: por unhas horas, os inocentes e os simples gobernaban e os podentes obedecían. Posteriormente esta tradición derivou noutra serie de bromas que, amais do canto á inocencia, resultan ser enganos para burlarse dos que caen de inocentes: invéntanse noticias falsas que causen disgusto ou, pola contra, boas noticias que provoquen decepción ao saber que son mentira; danse avisos urxentes que obriguen as víctima a un traballo pesado; envíanse galanos moi coidados que acaban sendo cousas de pouco valor ou porcalladas, entre outras falcatruadas. OBS: Normalmente escríbese en maiúsculas.