1 la
(< lat lana)
-
s
f
-
Pelo das ovellas e carneiros que se emprega como materia téxtil despois de fiala e tecela. É un dos materiais máis empregados na confección de prendas do traxe tradicional galego.
-
Pelo doutros animais, semellante ao das ovellas e carneiros.
-
-
[TÉXT]
-
s
f
Fibra que procede da pel das ovellas e os carneiros. Existen moitas razas destes animais (meiriña, aragonesa, serrana, manchega, churra, Lincoln, Leicester, Dishley, New Kent, cheviot, Dorset ou Rambouillet) que producen clases de la moi diferentes. Ademais, é importante se o animal é carneiro, ovella ou año. A sección transversal da fibra de la mostra unha medula de células redondas ou poliédricas, unha parte intermedia formada por células fusiformes dispostas en sentido lonxitudinal, que lle dan tenacidade, e no exterior unhas células delgadas e foliadas, en forma de escamas, características da la. Cando dúas fibras se tocan, as escamas engánchanse mutuamente e orixinan o fenómeno denominado enfeltro. En sentido lonxitudinal, a fibra presenta ondulacións que lle confiren a esponxosidade e a elasticidade. A lonxitude das fibras vai duns 25 mm para as las merinas finas, ata uns 550 mm para algúns cheviots. O grosor da fibra está comprendido entre 17 ì para as primeiras, ata máis de 37 ì para certas las entrecruzadas bastas. Canto máis grosa é a fibra, máis longa é a onda do rizo. A elasticidade é boa e, dentro de certos límites, non se produce ningún alongamento permanente, isto fai que as pezas de vestir de la non se engurren nin se deformen. A cor xeralmente é branca amarelada, pero tamén hai las marróns e negras. A la é un bo illante da calor, aguanta invariable temperaturas ata 100°C, e a partir de 110-130°C vólvese lixeiramente plástica, propiedade que permite pasar o ferro, o alisado ou o satinado. A la é moi higroscópica, e contén normalmente un 15% de humidade. A taxa legal de humidade vai desde o 13% ata o 19%. O principal composto químico é a queratina. A la branquéase con anhídrido sulfuroso, bisulfito sódico, auga osixenada ou outros peróxidos. A acción do cloro faille perder a propiedade de feltrarse e modifica a súa afinidade polos colorantes. A la obtida no tosqueo, que queda unida, denomínase vélaro; dentro de cada un pódense separar catro ou cinco clases (flancos, dorso, ventre, cabeza e cola, e gadoupas). En estado natural, a la está fortemente impregnada de suarda, substancia graxenta excretada por unhas glándulas da pel que engancha as fibras en forma de mechas, e ademais contén unha gran cantidade de impurezas, o que fai necesario o lavado ou desengraxe e posterior secado, que a deixan en condicións para o fiado. A importancia económica da la como primeira materia da industria téxtil xa é antiga. O réxime gandeiro transhumante, de longa tradición, aínda que hoxe persiste en parte, recúa ante o avance do sistema de explotación gandeira de estabulación, onde os rabaños son subsidiarios do cultivo agrícola. Este sistema que, sen embargo, prexudica a calidade da la, reduce os custos considerablemete e fai aumentar, en consecuencia, a competitividade do produto. A participación de la no mercado mundial das fibras téxtiles resentiuse do grande incremento das fibras artificiais.
-
la bruta/suarda
La de vélaro en bruto, sen lavar, que conserva aínda toda a suarda.
-
la cabreira
La de mala calidade.
-
la carbonizada
La que foi sometida á acción de ácidos fortes diluídos para destruír os restos vexetais que leva mesturados.
-
la cardada
Fiados de la grosos, peludos, non moi regulares e sen peitear, obtidos nunha serie de tres cardas.
-
la de carda
La curta, non apta para ser peiteada que se fía polo procedemento da la cardada.
-
la morta/de peles
La obtida das peles de ovellas ou cordeiros mortos polo esfolador ou de enfermidade. É de baixa calidade e distínguese porque as fibras conservan o bulbo ou raíz.
-
la vexetal
La de celulosa.
-
s
f
-
-
s
f
[TECNOL]
Nome dado a diversas materias fibrosas de aspecto semellante ao da la.
-
la de escoura
[FÍS]
Material fibroso obtido a partir das escouras de fundición. Emprégase como illante térmico.
-
la de rocha/mineral AGR
[AGR]
Material inorgánico obtido a partir da mestura de dolerita (60%), rocha calcaria (20%) e carbón (20%), fundida a 1.600°C. É inerte e emprégase como substrato. As formas comerciais teñen unha gran gama de aplicacións, unha delas é a de illante térmico ou acústico. Na agricultura, a súa utilización comenza en Dinamarca en 1969 e despois foi introducida en Países Baixos, onde se emprega de maneira masiva. Presenta unhas propiedades físicas idóneas para o seu uso como substrato en cultivos hidropónicos.
-
la de vidro
[TECNOL]
Material fibroso formado por fibras de vidro de 2 a 3 ì de diámetro, aglomeradas por medio de resinas termoendurecibles. Emprégase como illante térmico e acústico.
-
s
f
[TECNOL]
-
s
f
Especie de peluxe ou lanuxe que se forma sobre algo.