La Trémoille

La Trémoille

Liñaxe orixinaria do Poitou coñecida desde a época das cruzadas. No s XVII fusionouse cos Montmorency. Dos seus membros destacaron Georges de La Trémoille (1382-1446), favorito do Rei Carlos VII de Francia; Louis de La Trémoille (1460-1525), vizconde de Thouars e príncipe de Talmont, que se distinguiu nas campañas de Italia; Claude de La Trémoille (1566-1604), duque de Thouars, que se converteu ao calvinismo e loitou xunto co príncipe de Condé e o futuro Enrique IV de Francia e Marie-Anne de La Trémoille .