labial
labial
(< labio)
-
adx
Relativo ou pertencente aos labios.
-
adx
[LING]
Que se articula pola intervención dos labios. Nas realizacións vocálicas a característica maniféstase pola prominencia labial ([o], [ɔ], [u]). Nas realizacións consonánticas maniféstase por un contacto ou unha constrición entre os labios (bilabiais: [p], [b], [m]) ou entre outro órgano e os labios (labiodental: [f]).