labio

labio

(< lat labĭu)

    1. s m

      Cada unha das partes carnosas que, situadas no bordo da boca, forman a súa abertura, tanto nas persoas como nos animais.

    2. s m

      Órgano da fala.

      Ex: Dos seus labios sae todo.

      Sinónimos: beizo.
    3. labio leporino [PAT]

      Defecto conxénito no labio superior que consiste nunha fendedura, resultado do crecemento desigual dos dous lados do labio superior. OBS: Tamén se denomina labio feso.

  1. s m
    1. Bordo ou beira dalgunhas cousas.

    2. [ANAT]

      Cada unha das beiras da vulva. Hai dous tipos: os labios maiores, que son dúas pregaduras cutáneas, recubertas de pel e que delimitan a abertura vulvar, e os labios menores, que son dúas pregaduras mucosas situadas baixo os labios maiores e que protexen as estruturas vulvares profundas.

    3. [ENTOM]

      Cada unha das pezas quitinosas, superior e inferior, que envolven o orificio bucal dos insectos.

    4. [TECNOL]

      Aresta aguda e queimada dunha ferramenta ou dunha peza dunha máquina.

    5. [MED]

      Beira dunha ferida.

  2. s m [ARQUIT]

    Rebordo da cesta do capitel corintio, sobre o que se apoia o ábaco.

  3. s m [ZOOL]

    Rebordo da cuncha dalgúns gasterópodos que adoita presentar unha cor distinta do resto e unha superficie lisa.

  4. labio de falla [XEOL]

    Cada un dos bloques separados nunha falla.

Palabras veciñas

Labieno, Tito | lábil | labilidade | labio | Labio | labiodental | labiofendido -da