Laccaria

Laccaria
[FUNGO]

Xénero de fungos basidiomicetos agaricais, da familia das tricholomatáceas, que teñen sombreiro pequeno con láminas decorrentes e escotadas unidas ao pé, a carne é delgada e de textura fibrosa e carecen de anel. Adoitan ser comestibles. En Galicia son comúns as especies L. bicolor, en todo tipo de bosques, pero sobre todo nos de conífera; L. laccata; L. fraterna, propia de eucaliptais, e L. amethysea.