lactación

lactación

(

  1. s f

    Acción de lactar unha cría de mamífero, concretamente, un bebé.

    Sinónimos: lactancia.
  2. s f [ZOOL]

    Síntese e excreción do leite polas glándulas mamarias das femias dos mamíferos.

    Sinónimos: lactancia.
  3. s f [ZOOL]

    Alimentación dos mamíferos a partir do leite segregado polas glándulas mamarias das femias. No caso do home recoméndase nos primeiros meses de vida do bebé a lactación materna fronte a outros tipos de alimentación, xa que o leite da nai contén todas as substancias alimenticias necesarias e nas proporcións máis convenientes, e tamén outras substancias (inmunoglobulinas, ferritina ou lisozimas) que melloran a súa defensa contra as infeccións. A lactación materna plenamente voluntaria reforza tamén os lazos afectivos entre a nai e o fillo. As primeiras mamadas só conteñen unha substancia proteica, o costro, que é suficiente para manter as necesidades do neonato durante os dous ou tres primeiros días de vida, despois deste período iníciase a secreción láctea normal. Se se comproba que a nai ten leite, pero non en cantidade suficiente para criar o bebé, cómpre completar a lactancia natural cun suplemento de “leite adaptado”, que é o que ten a composición máis semellante á do leite da nai. Se a nai non ten xenes de leite ou presenta algunha disfunción ou imposibilidade para a lactancia natural, haberá que recorrer á lactancia artificial con biberón, que se fai correctamente con leites preparados e modificados industrialmente. A lactancia, sexa como sexa o sistema practicado, non será de menos de tres meses nin máis dun ano. Unha lactancia normal dura entre seis e oito meses, segundo o estado do bebé, e debe ser completada progresivamente desde o terceiro ou cuarto mes con outros alimentos, para preparar o bebé cara a unha alimentación variada.

    Sinónimos: lactancia.
  4. s f [ZOOL]

    Período da vida dos mamíferos onde só se alimentan de leite.

    Sinónimos: lactancia.

Palabras veciñas

lact(i/o)- | lactacidemia | lactaciduria | lactación | lactagogo -ga | lactama | lactancia