lactífugo -ga
lactífugo -ga
(< lacti- + -fugo)
adx e s
[MED]
Aplícase ao medicamento empregado para inhibir a secreción láctea. Os máis empregados actualmente por vía oral son os estróxenos ou esteroides proxestáxenos como a noretindrona e o clorotrianiseno. Tamén se emprega o ciclopropionato de estradiol combinado coa testosterona por vía intramuscular en inxección única.