ladaíña

ladaíña

(

  1. s f [RELIX]
    1. Oración que consiste nunha serie de peticións ou invocacións breves, á que se responde cada vez cunha fórmula fixada, normalmente “ten piedade” ou “escoitanos”. Son coñecidas as ladaíñas dos santos e a ladaíña lauretana ou da Nai de Deus, que se recita ao final do rosario. No rito romano hai as ladaíñas maiores, o día de san Marcos (25 de abril), e as ladaíñas menores, os tres días antes da Ascensión.

    2. Procesión que se fai por san Marcos e os tres días antes da Ascensión.

  2. s f

    Enumeración reiterada e longa de nomes ou cousas que causa ou provoca o enfado.